Saltar al contenido
Curso antirracismo en Vigo

Curso antirracismo en Vigo

Ante os discursos de odio, racismo e xenofobia que, lamentablemente, se infiltraron na nosa vida cotiá da man da ultradereita, desde CGT consideramos que temos a obriga de fomentar unha...

Información recopilada de CGT Galicia (18 de septiembre de 2026). — Leer en la fuente original ↗ (se abre en una pestaña nueva)

Ante os discursos de odio, racismo e xenofobia que, lamentablemente, se infiltraron na nosa vida cotiá da man da ultradereita, desde CGT consideramos que temos a obriga de fomentar unha conciencia crítica respecto á discriminación racial, subliñando a necesidade de xerar un firme compromiso antirracista.

Este curso, impartido polas compañeiras de SOS Racismo Galiza, ten os seguintes obxectivos fundamentais:

  • Analizar criticamente a responsabilidade social de cada un de nós á hora de contribuír a xerar, reproducir e lexitimar mecanismos racistas.
  • Adoptar unha postura fronte ao racismo e compartir ferramentas de educación antirracista para combater as súas consecuencias.

O obxectivo final do curso é valorar a diversidade cultural e promover a interculturalidade como o modelo de convivencia capaz de avanzar cara a un mundo máis inclusivo, no que aceptemos ás persoas independentemente da súa cor de pel, orixe, relixión e/ou cultura.

Nunha sociedade intercultural non hai lugar para o racismo; por tanto, traballar para a súa erradicación é un obxectivo esencial e unha obrigación, máis desde unha organización como a nosa.

O curso é gratuíto e ao finalizar haberá un pequeno pica pica vegano con opcións non veganas para as persoas que asistan.

Esperamos contar coa túa asistencia!

Data: Sábado 26 setembro
Hora: 10.30 H
Teixugueiras 24, Vigo. Local CGT

IMPORTANTE: As prazas son limitadas. Se queres asistir por favor envia un email a social.ovvigo@cgtgalicia.org

Secretaria de Acción Social e Igualdade.

https://vigo.acontece.gal/event/introduccion-ao-racismo-e-a-decolonialidade

Artículos relacionados